20 de abr. de 2023

LETRAS GALEGAS

 Ola, olaaaaa!

Dentro de pouco xa vai chegar o día das nosas letras. Este curso está adicado a Francisco Fernández del Riego que, escritor que foi o noso veciño. Si!!!! Naceu en Vilanova de Lourenzá, vila que forma parte da nosa comarca de A Mariña. A
páxina da RAG ten información sobre este escritor e a ela podedes acceder clicando na imaxe.


Ademais, se queredes afondar moito máis na personalidade de del Riego, tedes moita mais información nos seguintes enlaces.

O FOGAR

 Como ides??

Hoxe quero ensinarvos un libro moi bonito: Na busca dun fogar, de Alexis Deacon e da editorial patasdepeixe.


Cóntanos a historia dunha familia de ratiños que, co paso do tempo, foron medrando e xa non caben no seu fogar. Agora  deberán buscar un novo lugar para vivir e comezarán a darse conta de que viven nun lugar terrible e cheo de perigos. Acompañarédelos por lagos, labirintos, desertos... Ata que atopen un novo fogar, un fogar que tod@s merecemos e que debemos protexer.

Espéravos na BiblioFlora!!!



19 de abr. de 2023

DÍA DO LIBRO

 Ola rapazada!!!

O próximo domingo celébrase o Día mundial do libro e do dereito da/o autora/or.

Este curso, o cartel para conmemorar o día 23 conta cun texto de Montse Pena Presas, Profesora da Área de Didáctica da Lingua e da Literatura na facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Ademais, creou un texto moi bonito baixo o lema  "Dar de ler" e que podedes ler clicando na imaxe do cartel.

Nós xa estamos preparando as nosas actividades para esta semana. Imos desfrutar dos libros.

Recordade que todos os días son o día do libro!!



 

11 de abr. de 2023

NAS RUÍNAS DE SAN TIRSO

 Como ides??

O venres, día 24,  e o pasado luns día 27, fomos visitar as ruínas de San Tirso, nas que están traballabdo unha arqueóloga e dúas restauradoras. 


 
Aprendimos moitas cousas da historia da nosa vila e do importante que é a Arqueoloxía, a Restauración e a Conservación para tomar conciencia de que é necesario coidar todo o noso patrimonio.



23 de mar. de 2023

COMO ESTÁ O TEMPO!

 Ola rapazada!!

Quería contarvos que as nenas e os nenos de 1º e 2º de Educación Primaria teñen os venres obradoiro de metereoloxía e están aprendendo moitas cousiñas sobre o tempo.

Aquí @s tedes.





 
E seguimos todos os venres!!

EN CONSTRUCCIÓN

 Como ides?

Hoxe quero ensinarvos un libro moi interesante e que nos conta como se vai dun anteproxecto, que é o documento que recolle as primeiras ideas dun proxecto arquitectónico, ata o resultado final.

En construcción, de Sonia Rayos e Silvana Andrés, da Editorial Litera libros.


Cóntanos como a construcción dun novo edificio no barrio mantén a Clara e ao seu avó Urbano moi entretidos. Os dous son grandes observadores e, a través da evolución da obra, van desfrutar de moitos descubrimentos xuntos.

22 de mar. de 2023

CONSTRUÍNDO POESÍA

 OLAAAAAA!!!!!

Onte, día 21, ademais  de comezar a primavera, foi o Día da Poesía. e que maneira de "construír" poemas!!

Que ben vos quedaron!!! Como fixestes para atopar os libros na biblioteca e que vos coincidiran tan ben!!!


Tedes aquí unha mostra de todas elas.











 
E... xa sabedes. Tedes un montón de libros de poesía na Biblioflora, que están esperando por vós.

Ademais, tamén estivemos traballando coa poesía "Xitanxáforas do extezo esparior", do libro Unha nova dimensión, de Anxo Iglesias, na editorial Xerais, Premio Merlín de Literatura Infantil 2022.
 

 


21 de mar. de 2023

AS MULLERES NA ARQUITECTURA

 Como ides???

Como vos dixen, o alumnado de 1º, 2º e 5º de E. Primaria, tiveron investigando as mulleres que se dedicaron á arquitectura. Con esa información van elaborar un libro, aínda que podedes ver o seu traballo na entrada do colexio. 

Aquí podedes velo.













 



8 de mar. de 2023

8 DE MARZO

 Como ides?

Hoxe conmemórase o Día Internacional da Muller.

Neste ano 2023, reivindícanse os dereitos das mulleres baixo o lema "Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero", para que xunt@s loitemos para crear un futuro mellor non só para as mulleres e as nenas, senón para toda a humanidade e toda a vida na Terra.

Nós, dentro do noso proxecto sobre a arquitectura, onte tivemos a visita de Noelia , arquitecta, que nos veu falar sobre o seu traballo e ensinarnos a importancia do traballo das arquitectas na construción das vivendas, das vilas, das cidades...

 
Ademais, as nenas e os nenos de 1º, 2º e 5º de Educación Primaria tiveron traballando sobre mulleres que foron e son moi importantes no mundo da arquitectura, traballos que están expostos na entrada do colexio.
 
Xa sabedes que na Biblioflora tedes moitos libros para afondar neste tema. Alí vos esperan!!!!

Déixovos tamén algunhas cousiñas relacionadas co Día da muller:contos, cancións...
  • "Por siempre jamás", o conto de sempre como nunca o terías imaxinado.

  •  O Booktrailer de "El príncipe Serafín".
  •  "Y tú ¿qué quieres ser de mayor?" Unha campaña de sensibilización nos Dereitos da Infancia, onde se ve como @as nen@s amosan estereotipos de xénero sobre as profesións dende que nacen.

                                                                          

  • Outro vídeo sobre o mesmo tema: "Inspirando al futuro sin estereotipos".
     
  • E un vídeo da ONU que quere acabar cos estereotipos de xénero.


  • Un vídeo onde @s nen@s falan do machismo, do feminismo e das diferenzas entre homes e mulleres.
     

Por último as cancións...

Unha canción do CEIP Pazos de Reis, de Pontevedra.


E outra, "Son muller", do grupo MBCP (Máis boas cas patacas), que gañaron o Primeiro premio na categoría xuvenil do II Certame de música infantil e xuvenil Quero cantar, no ano 2017.
 










7 de mar. de 2023

LENDO, LENDO...

Que tal???

Hoxe quero ensinarvos este libro que temos na biblioteca: Una casa de 100 pisos, de Toshio Iwai, da editorial Pastel de Luna.

Tochi recibe unha carta de invitación para contemplar as estrelas. Para descubrir quen lle escribíu  terá que subir un montón de chanzos. Ata o piso 100 dunha casa!!!

En cada piso vive un tipo de animal diferente: ras, esquíos, ratos, morcegos... e aprenderermos cousiñas sobre os hábitos dos diferentes veciños.

Que o desfrutedes!!!!!





6 de mar. de 2023

CARTA FLORA PARA MARZO E ABRIL

 Olaaa.....

Xa estamos no último mes de trimestre e chega a carta de Flora para os meses de marzo e abril, uns meses intensos e con propostas para que poidamos aprender moitas cousas. 

Aquí a tedes.




23 de febreiro

    Como ides???

O 23 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía de Castro e nós quixemos conmemorar esta data, elaborando uns "murais" dedicados á poeta galega. Aquí tedes os traballos de todos os cursos.