Como ides?
Hoxe conmemórase o Día Internacional da Muller.
Neste ano 2023, reivindícanse os dereitos das mulleres baixo o lema "Por un mundo dixital inclusivo: Innovación e tecnoloxía para a igualdade de xénero", para que xunt@s loitemos para crear un futuro mellor non só para as mulleres e as nenas, senón para toda a humanidade e toda a vida na Terra.
Nós, dentro do noso proxecto sobre a arquitectura, onte tivemos a visita de Noelia , arquitecta, que nos veu falar sobre o seu traballo e ensinarnos a importancia do traballo das arquitectas na construción das vivendas, das vilas, das cidades...
- "Por siempre jamás", o conto de sempre como nunca o terías imaxinado.
- O Booktrailer de "El príncipe Serafín".
- "Y tú ¿qué quieres ser de mayor?" Unha campaña de sensibilización nos Dereitos da Infancia, onde se ve como @as nen@s amosan estereotipos de xénero sobre as profesións dende que nacen.
- Outro vídeo sobre o mesmo tema: "Inspirando al futuro sin estereotipos".
- E un vídeo da ONU que quere acabar cos estereotipos de xénero.
- Un vídeo onde @s nen@s falan do machismo, do feminismo e das diferenzas entre homes e mulleres.
Por último as cancións...
Unha canción do CEIP Pazos de Reis, de Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario