Como ides, rapazada???
Onte, luns, inauguramos a exposición "EscribirArte na Mariña", contando coa presenza d@s coordinador@s das bibliotecas e con diferentes autoridades, ademais de compañeir@s dos centros de ensino e na que puidemos coñecer os traballos elaborados polo alumnado de ditos centros.
Nesta
primeira xornada contamos con Primitivo Marcos Ferreiro, artista
viveirense que falou da súa última obra de banda deseñada "VIVEIRO 1810,
AUGAS MORTAIS" e que nos presentou o seu próximo traballo. Tivemos tamén a actuación musical de "Amigos do folk", grupo de gaitas do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
Esperámosvos!!!
.
Ningún comentario:
Publicar un comentario