8 de feb. de 2023

CONSTRUÍNDO A PAZ

 Olaaaaa !!!!!

Como ides?  Andiven un puco atarefada estes días, polo que non tiven moito tempo para falar con vós. 

Xa conmemoramos o Día da Paz e pasámolo moi ben, cantando xunt@s a canción "Móvete", de Paco Nogueiras e, logo, disfrutamos coa chocolatada. Xa sabedes que este curso, coa aportación voluntaria, recaudamos fondos para a Asociación AFAN de Burela, que traballa con persoas con Alzheimer.

Ademais, construímos a palabra PAZ con "pezas" nas que escribimos frases relacionadas coa paz e @s s@s autor@s e "pezas" cos nomes de mulleres e homes que traballan ou traballaron pola paz do mundo.

 

E, como dicimos sempre, a PAZ non hai que construíla un só día, senón que debemos "traballar" para que o mundo sexa cada vez mellor para tod@s.


Ningún comentario:

Publicar un comentario