Olaaaaaa!
Hoxe, 24 de outubro, é o Día das Bibliotecas. Este día celébrase dende 1997. Aquí tedes o cartel, deseñado pola ilustradora e autora de cómics galega Xulia Vicente.
Como vedes, o lema deste ano é "BiblioTecuida", co que se pretende destacar o papel das bibliotecas como espazos libres e abertos que, coa axuda de diversos servizos e recursos, se preocupa de atender as necesidades d@s usuari@s, sendo un piar fundamental das comunidades ás que pertencen: son espazos para ler, descubrir e aprender. Ademais, son o primeiro paso cara as outras bibliotecas coas que se atopan e atoparán ao longo das súas vidas.
Para "celebrar" este día, estivestes pensando no que significa para vós a biblioteca, a lectura. E todo iso, tivestes que resumilo nunha palabra, coa que elaboramos uns carteis xigantes, que teremos expostos na entrada do cole.
FELIZ DÍA DA BIBLIOTECA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario