Que tal?
Como xa sabedes, este curso, a exposición do CENIMA, en Foz, estivo dedicada ao artista Quique Guerra. Durante o mes de abril e a primeira semana de maio estivo aberta unha exposición d@s artistas da Mariña, á que asistimos e na que aprendimos moito. Pois agora, tócanos a nós. Participamos coa obra "Subasta na lonxa", coa que queremos representar o que está a facer a contaminación do mar para a vida mariña e, como consecuencia para a nosa alimentación. O venres fomos preparar esta exposición dos colexios ao CENIMA e alí quedou a nosa obra.
Hoxe, 6 de xuño, e ata o venres, día 10, estará aberta a exposición para que podamos desfrutar dos traballos do resto dos colexios. Aquí vos deixo uunha mostra.
ANIMÁDEVOS A VISITALA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario