Como ides???
Queda moi pouco para que se inaugure a exposición da Microrrede (na que estamos moitas das bibliotecas do PLAMBE), que este curso é "A volta coas palabras" e na que poderedes coñecer os traballos desenvolvidos polas distintas bibliotecas.
Aquí tedes o cartel, deseñado poo Izan Fra Fernández, alumno de 2º de Bacharelato de Artes do IES Monte Castelo.
Cada colexio presenta un cadro con códigos QR , que nos dirixen a esas actividades.
A exposición é na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro e desenvolverase durante a semana do 9 ao 13 de maio, en horario de 18:00 a 20:00 horas. O luns xa arranca cun faladoiro co xornalista, escritor e contador de historias Pablo J. Rañales e a presentación do seu libro "Siervos de tinta" e coa actuación musical de Amigos do folk", grupo de gaitas do Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
Aquí tedes o programa desta semana de exposición:
A nosa aportación a esta exposición é este cadro, relacionado co PDI desenvolvido este curso, O Mar que nos fala, e no que aparecen QR que nos levan a recitados de poemas sobre o mar e aos oficios mariñeiros.
Tedes aquí os diferentes traballos:
- para os poemas
- para os oficios
CARPINTEIRAS E CARPINTEIROS DE RIVEIRA (6º de Primaria)
MARIÑEIRAS E MARIÑEIROS ( 4º de infantil)
PATROAS E PATRÓNS (3º de Primaria)
REDEIRAS E REDEIROS (6º de infantil)
FAREIRAS E FAREIROS (2º de Primaria)
PERCEBEIRAS E PERCEBEIROS (5º de Primaria)
RULEIRAS E RULEIROS (4º de Primaria)
PEIXEIRAS E PEIXEIROS (5º de infantil)
- para animais en perigo de extinción:
Ningún comentario:
Publicar un comentario