Como ides?
Hoxe ensínovos un libro moi bonito que acabamos de mercar para a biblio: A mar, amar, de Xosé Luna Sanmartín e da editorial Bolanda.
Nada mellor para saber de que vai que recoller as palabras de Armando Requeixo, que fan de sinopse do libro. "Xosé Luna ten corazón de nauta. No seus versos navega os sete mares co leme dos sentimentos, aproando sempre nas emocións, nas lembranzas, nas ilusións. Porque a mar é a vida e os ronseis de palabras son a xerfa dos días de luz e de mourén, unha música de ondas que agroma nos baixíos do mar. Quen singre as páxinas deste libro descubrirá rías, illas e cons, mais tamén a lúa reverberando no mar, arquipiélagos paradisos, apertas oceánicas e gamelas azuis que atravesan a noite. É a ardora dos afectos, unha liña no horizonte que escintila esperanza, albas de sereas polos areais da tenrura. A mar, amar. Agarimar a mar. A mar, nimbar".
Ningún comentario:
Publicar un comentario