29 de mar. de 2022

LENDO O MAR

 Como estades??

Hoxe quero ensinarvos un libro que teño na biblioteca e que me encanta: O mar na cociña, de Harkaitz Cano, na editorial McMillan.


Cóntanos a historia de Xurxo, un neno ao que lle gusta tanto mergullarse en busca de peixes e polbos, que lle chega a cociña para facelo. E como o fai?? Pois moi fácil: non ten máis que coller a súa caixa de rotuladores e debuxar na parede azul da cociña  peixes e polbos e encher o chan de cunchas e estrelas de mar...  E, logo, poñer as lentes de mergullo, e... a somerxerse na auga. A súa nai enoxábase moito e non sabía que facer. Ao final, mercou un quitamanchas hipermoderno e limpou a cociña. Que se lle ocorrerá agora a Xurxo?




Ningún comentario:

Publicar un comentario