8 de mar. de 2022

LECTURAS COA IGUALDADE

 Como ides?????

Hoxe tráiovos uns libros para que desfrutedes este día.

El niño que no quería ser azul y la niña que no quería ser rosa, de Patricia Fitti, da Editorial Destino.


Cóntanos a historia de Celestino, un neno ao que lle regalan avións azuis, durme nunha cama azul e xoga ao fútbol con pelotas azuis. Todo o mundo lle di que é o máis azul de todos os nenos e que se casrá coa máis rosa de todas as nenas. Pero... e se el non quere só un mundo azul e a princesa dos seus soños non é rosa?

Vanesa non quere ser princesa , de Xosé Antonio Perozo, da Editorial Sotelo Blanco.



Cóntanos a historia de, Vanesa, unha nena que, cando naceu, a súa nai chamou ás fada para pedirlles un desexo: quería que Vanesa fose unha fermosa princesa; pero unha fada vella apareceu pola cheminea e dixo que Vanesa sería o que quixese ser.

Rachel Carlson y el libro que cambió el mundo, de Laurie Lawlor, da Editorial Errata Naturae.

                                                   

Unha biografía ilustrada dunha das científicas máis importantes da historia. A Rachel, o que máis lle gustaba era pasear polos arredores da súa casa. Dérase conta de que a natureza é un mundo apasionante e cheo de aventuras. E non o esqueceu e dedicou a súa vida a preservar ese tesouro que temos ao alcance da nosa man. Foi unha das primeiras mulleres que buceou a través de arrecifes de coral e que subiu a un hidrodeslizador para perseguir a uns caimáns.

Ceninienta liberada, de Rebecca Solnit, da Editorial Lumen.


A inxeniosa Cincenta coñece á súa fada madriña, vai ao baile e relaciónase cun príncipe, pero aí remata a historia que xa coñecemos: en realidade, os zapatos de cristal non resultan demasiado cómodos, a beleza non dá a felicidade e a protagonista fártase de que a traten mal.

A nena lectora, de Manuel Rivas, da Editorial Xerais.


Conta a vida dunha moza chamada Amparo á que ás súas compañeiras lle pagan para que lles lea novelas mentres elas elaboran os cigarros. A protagonista, Nonó, soña con que ese fose o seu oficio.

 african- meninas. Liderazgo Femenino en el Continente Africano, da Wanafrica Ediciones.


Conta a historia de 30 mulleres africanas que marcaron a historia do continente.

 
















Ningún comentario:

Publicar un comentario