30 de mar. de 2022

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

O día 2 de abril é o Día Mundial da Concienciación sobre o Autismo. O obxectivo dedste día é xerar conciencia en todas as persoas sobre este tema, ofrecendo información sobre como tratar, apoiar e mellorar as condicións das nenas e dos nenos, das adultas e adultos que son diagnosticad@s con este trastorno. 

Aquí vos deixo algúns vídeos de sensibilización para que podamos entender como ven o mundo estas persoas.



Tamén hai libros na Biblioflora que nos falan de persoas que ven o mundo doutra maneira. 

Bambú, el koala, da editorial SM, que nos fala dun koala especial, chamado Bambú, que non sabe ou non pode compartir sentimentos. Non é xordo, nin cego, nin mudo, pero cústalle moito relacionarse c@s demais. É moi listo e, ás veces, inténtao, pero... é tan difícil!


A nena do vestido de flores, da editorial Aira. Dania Vitoria é unha nena de once anos con dous ollos, dúas pernas, dous brazos, unha cabeza... o normal. Pero, quen quere ser normal? Dania Vitoria é tamén unha nena Asperger. Asperger?Que palabra tan rara!! Dania ten unha grande imaxinación que lle permite vivir aventuras cada día.


Fálame, da editorial Kalandraka. É a historia de Sara, unha nena diferente. A súa irmá é quen nola presenta.









Ningún comentario:

Publicar un comentario