4 de mar. de 2022

AS NOSAS CIENTÍFICAS

 Olaaaa !!!!!

Como o mes pasado era o Día da Muller e da Nena na Ciencia, na clase de 2º de E. Primaria estivemos recibindo a visita de mulleres científicas. Estiveron unha nai veterianaria, unha nai enxeñeira de montes, unha nai enxeneira industrial e unha profesora do IES Illa de Sarón, profesora de Química. Estiveron contándolles moitas cousiñas. Entre outras cousas, faláronlles do que querían ser de maiores e aprenderon  que, aínda que ás veces, estudas o que xa querías ser de pequena, outras veces é o profesorado o que desperta o teu gusto por algún tema ou o algo que non pensabas acabou sendo o que che gustaba. Tamén lles explicaron en que consistía o seu traballo e a que outras cousas se poderían dedicar. Fixéronlles moitas preguntas e, incluso, a profesora do IES veu acompañada de dúas alumnas coas que fixeron experimentos de Física. Foi xenial!!!







Ningún comentario:

Publicar un comentario