Boassss rapazas e rapaces!!!
Xa sabemos que, aínda que parezamos distint@s, tod@s somos iguais. As diferenzas que pode haber entre nós non se teñen que ver como un problema, senón que teñen que valer para converternos en mellores persoas.
O próximo 18 de febreiro é o Día Internacional do Síndrome de Asperger. Déixovos uns vídeos para que podades aprender un pouquiño como se senten estas persoas.
Hugo, un amigo con asperger, que nos ensina como son os seus comportamentos, para que podamos entender as diferentes maneiras de ver o mundo.
Mariluna, conta a historia dunha nena chamada Mariluna e de como se relaciona coa súa familia.
Academia de especialistas, que nos fala das capacidades asombrosas que teñen unhas nenas e uns nenos moi especiais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario