Olaaaa, olaaaaa !!!
Seguro que xa estades aprendendo moitas cousas sobre o mar ao estar traballando na proposta que vos chegou na miña carta para estes meses de outubro e novembro. Para que disfrutedes e aprendades sobre o tema, aquí tedes algún dos libros que están chegando á nosa biblioteca.
A Balea, de Benji Davies. Publicado pola editorial Kalandraka.
Nunha casa xunto ao mar, vive Noé co seu pai. Como este é pescador, Noé pasa o día só. Bueno, non tan só, porque ten seis gatos. Unha mañá, despois dunha tormenta, Noé atopa unha pequena balea barada na praia e decide levala á súa casa para coidar dela.. O seu pai non debe enterarse !!!
Unha historia dun neno que está só, pero que atopa unha balea que se convertirá na súa amiga. Unha amizade que cambiará as súas vidas para sempre.
Océanos, publicado pola editorial DK.
Un libro para descubrir o mundo submarino e os animais que viven nel, con incribles ilustracións en 3D. Poderedes coñecer como se forman as grandes olas, por que se producen os tsunamis, como cazan, crían e viven os animais mariños, de que forma os océanos nos dan enerxía, como é un barco pesqueiro, como afecta o cambio climático aos hábitats mariños.... E moitas cousas máis !!
Ningún comentario:
Publicar un comentario