Que tal cos libros e as lecturas?
Seguimos nesta semana tan bonita para a biblioteca. Aquí vos deixo o díptico que edita a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, para conmemorar este día.
Acudiuse, como en anos anteriores, a unha persoa referente da cultura galega actual, neste caso, a profesora, tradutora e poeta, Elvira Ribeiro, quen creou un texto orixinal cedido xenerosamente para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas potencialidades da lectura e que nos agasalla esta evocadora afirmación:
"Talvez é ler un diamante de mil caras, un mar sen varandas"
Clicade na imaxe para ler o texto completo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario