13 de abr. de 2021

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

BOAS, AMIGUIÑ@S!!!

Este 2 de abril, mentras nós estabamos de vacacións, celebrouse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil. Como xa sabedes, celébrase este día, porque se conmemora o nacemento de Hans Christian Andersen.

O cartel que anuncia esta data está ilustrado por Robert Mello e a mensaxe é de Margarita Engle, traducida ao galego por María Canosa.

Déixovos o cartel e a mensaxe.


Cando lemos, á nosa mente médranlle ás.
Cando escribimos, os nosos dedos cantan.

As palabras son golpes de tambor e frautas na páxina,
paxaros voadores e elefantes trompeteiros,
ríos que flúen, fervenzas que caen,
bolboretas que viran
alto no ceo!

As palabras convídannos a bailar
ritmos, rimas, latexos do corazón,
cascos e bater de ás, contos antigos e novos,
fantasías e verdades.

Esteas cómodo na casa
ou atravesando veloz as fronteiras cara a unha nova terra
e unha lingua estraña, as historias e poemas
perténcente.

cando compartimos palabras, as nosas voces
vólvense música do futuro,
paz, alegría e amizade,
unha melodía 
de esperanza.

Tamén vos deixo un vídeo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario