OLAAAA !!!!
Canto traballastes e que ben quedou a exposición que fixestes sobre o Entroido galego !!!!
ENCÁÁÁÁNTAME....
Déixovos aquí as fotos.
Mirade a Pantalla de Xinzo de Limia, pensando en todo o que ten que aguantar, xa que alí o Entroido dura cinco semanas...
A Madama do Entroido de Cobres en Vilaboa, considerado o Entroido máis elegante...
Velaí vén o Oso de Salcedo, despois de estar pechado todo o inverno...
E o volante de Chantada, do Entroido Ribeirao?
E xa chega o Xeneral do Deza e do Ulla, que quer burlarse da guerra...
E o Cigarrón de Verín, que leva 25 Kg de peso enriba...
Aquí remata a festa, pero déixovos un mapa de Galicia onde podedes ver onde se localizan estas personaxes do Entroido. Aínda que hai moitas máis...
Ningún comentario:
Publicar un comentario