Hoxe é o Día do libro. Como estou rodeada de libros, non sabedes canto estou lendo estes días. Non paro. Espero que vós, nas vosas casas, tamén fagades o mesmo. A min fáltanme as vosas risas e as vosas voces, pero estareivos esperando.
Que importante é a lectura. Sempre temos que atopar un anaquiño de tempo para ler. Un libro é como un tesouro, que nos permite facer un montón de viaxes e imaxinar todo o que queiramos.
Fixádevos o que din estas ilustracións de Liniers, un debuxante arxentino.
E mirade o que nos di Mafalda:
Así que, xa sabedes... Collede un libroooooo!!!!!
E mirade, tamén, o que se pode facer cos títulos dos libros!! Contar historias...
Podedes intentalo na casa. Eu fixen esta foto para informar de que este ano a Microrrede queda na casa, co que fixemos un vídeo que xa vos ensinarei. Ledes a mensaxe?
Ánimo. Probade. Aínda que sexa unha frase!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario