31 de xan. de 2020

QUE SON AS LINGUAS INDÍXENAS?

Como vades?
O pasado 22 de xaneiro fixemos unha actividade sobre as linguas indíxenas. Canto aprendimos... !! Que importantes son as linguas!! Non só como método de comunicación, senón que son fundamentais para a identidade dun pobo, para a conservación da súa cultura e a súa visión do mundo.
Cada dúas semanas morre unha lingua indíxena; sendo Sudamérica e a África Subsahariana as zonas onde hai máis linguas indíxenas en perigo de extinción, debido, sobre todo, ao auxe duns poucos idiomas dominantes.
A protección dunha lingua pode salvala da súa desaparición; por iso, é tan importante que protexamos o galego, a nosa lingua propia. Con ela podemos facer ciencia, arte, cantar, debuxar e ter amigas e amigos! Todo o que queiramos!!! 
Cada curso traballou unha lingua indíxena e aprendestes estas cinco palabras:



Aquí están os vosos traballos:


5º Primaria


2º Primaria

1º Primaria

6º Primaria

3º Primaria

4º Infantil

5º Infantil

4º Primaria




Ningún comentario:

Publicar un comentario