20 de xan. de 2020

CONCURSO

Boas rapaces e rapazas!!
Como xa vistes no taboleiro da Biblio, está convocado o II Concurso de ilustración. Déixovos aquí as bases.


O Día da Ilustración celébrase o 30 de xaneiro. E diredes: O mesmo día que a paz!!
Pois si, é o mesmo día; pero o que se conmemora é o nacemento de Castelao, que foi un grande debuxante, ademais de político (o pai do nacionalismo galego), escritor, debuxante e médico. Ademais, é un día para lembrar as persoas que se dedican á ilustración e cada ano homenaxéase a algunha autora ou autor de Galicia.


Ningún comentario:

Publicar un comentario