20 de nov. de 2019

A MIRADA QUE FALAMOS

Saudiños de novo!

Non o dixen antes; pero, o proxecto deste curso e que xa sabemos que vai de ARTE, de pintoras e pintores, leva por título "A mirada que falamos".
E preguntarédesvos...  Por que ese título?
Pois moi fácil. Cando vos preguntei que era para vós a arte, todas e todos destes moi diferentes respostas:
- que eran as cousas bonitas do mundo
-  que un cabalo de papel
- é expresar o que sentimos
- é algo alegre
- é unha paisaxe
- ... e moitas máis cousas

Todo iso que dixestes é a arte. É maneira que temos de expresar os nosos sentimentos, as nosas emocións, as nosas sensacións... ; e expresalas de moi diferente maneira: coa pintura, a escultura, a música, a literatura, o cine, a arquitectura... Por iso, pensei que a pintura é unha maneira de dicir o que quero, o que me gusta, o que sinto, o que vexo.

Entón, dentro do proxecto, propuxen unha actividade que é "A/o artista do mes", na que cada curso debe representar unha das obras da artista ou do artista á ou ao que se lle dedica o mes. 
No mes de Outubro, a artista elixida foi Sonia Delaunay, que foi unha pintora ucraína, que naceu en 1885 e morreu en París en 1979. Representou o simultaneísmo, expresándose tanto na pintura como no diseño de moda, teas e libros.
Aquí tedes o resultado do voso traballo!


E xa vos anuncio o próximo artista; que é...    Edvard Munch. Así que ... MANS Á OBRA!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario