26 de feb. de 2014

NOVIDADE DO MES DE NOVEMBRO

No mes de Novembro o alumnado de 5º B deleitounos coa presentación do libro "O gato fantasma" do autor Xelís de Toro na Biblioteca de Flora.

Este conto trata de dous amigos, Rolo e Pestiña que sempre ao saír da escola van xuntos para a casa. Pero aquel día en que todo comezou, Pestiña non daba chegado á praza do camelio, onde sempre quedaban. Mentres Rolo agardaba comezou a chover; estábase poñendo coma un pito. Logo dun anaco viu aberto un portal dunha casa e foicorrendo a refuxiarse. Dende alí vería ben a Pestiña. Rolo nunca reparara nese portal, que máis ben parecía unha cova. E Pestiña sen aparecer! De repente Rolo escoitou un ruído ás súas costas que o asustou: era un gato cun ratiño na boca. Sería o gato do que todos falaban no recreo, o tal Rabudo, o que lle podía a un pastor alemán? A partir dese encontro entre Rolo e o gato fantasma todo comezou a cambiar…

Gustounos moito este conto!

Ningún comentario:

Publicar un comentario