6 de nov. de 2024

Concurso de microrrelatos e debuxos con temática de Samaín

 Estas foron as gañadoras!!

  • 4º EI: Lara
  • 5º EI: Xoel
  • 6º EI: María
  • 1º EP: Arlet
  • 2º EP: Gabriel
  • 3º EP:Lucía
  • 4º A EP: Alicia
  • 4º B EP: Xoel
  • 6º EP: Eleazar
Libretas personalizadas feitas pola Asociación de Saúde Mental (Cervo)


25 de out. de 2024

DE FESTA EN FESTA PORQUE ME PRESTA!

 Comezamos o noso proxecto de

 FESTA EN FESTA PORQUE ME PRESTA!

Cada clase investigando a súa festa

 


O alumnado de 6º de Primaria elaborou este mural tan chulo!!

 


 

CONTOFEST (Día das bibliotecas)

O 24 de outubro é o Día das bibliotecas e celebrámolo cunha actividade chamada "Contofest "

Cada nena e neno escolleu a entrada que lle deu acceso á sala onde se narraba un determinado conto

Por certo! A temática dos contos foi o SAMAÍN 🎃 (que xa está aquí)








 

SEMANA DAS ESCRITORAS GALEGAS

 Durante esta semana leeremos contos escritos por  

autoras galegas 

na hora de ler que facemos cada día

 



11 de out. de 2024

PALABRAS para LER

 Flora propúxonos escribir palabras relacionadas coa lectura e con todas elas fixemos este mural tan chulo!🐉



 

FORMACIÓN DE USUARIOS

O alumnado realiza actividades para a súa formación como usuarios da biblioteca




APERTURA DA BIBLIOTECA

 O 7 de outubro abrimos a biblioteca para desfrute de todas as nenas e nenos do colexio!

📚📚📚📚📚📚

Coa colaboración do alumnado voluntario de 5º e 6º de Primaria... foi todo un éxito!!





3 de out. de 2024

DE FESTA EN FESTA PORQUE ME PRESTA!

 

 

 


 O noso proxecto para este recente estreado curso escolar será sobre as festas máis tradicionais da nosa contorna...

Así, estudaremos e traballaremos sobre localización, gastronomía, lendas, bailes, vestimenta, curiosidades e festas semellantes a...

 

    🐶O SAN ANTONIO DA RIGUEIRA (en Xove)

   🌊 A MARUXAINA (en San Cibrao)

   🌙 A QUEIMADA (en Cervo)

  🔥  O SAN XOÁN (en toda Galicia)

   🐟 A FESTA DO BONITO (en Burela)

   🐴 AS SAN LUCAS (en Mondoñedo)

  ⚓  A FESTIVIDADE DA VIRXE DO CARME (nas localidades costeiras de Galicia)

  🔨  O ARDE LUCUS (en Lugo)

   👑 A FESTA MEDIEVAL DE ALFOZ (en Alfoz)



19 de set. de 2024

BIBLIOTECA ESCOLAR, A ESCENA!

 Este curso a temática das bibliotecas escolares abre as portas a traballar o teatro en todas as súas variantes

🎭




6 de xuño de 2024

DÍA DA ARTE

 Olaaa!!! Como ides???

O martes, día 4, celebramos o Día da arte e desenvolvimos unha actividade relacionada co proxecto deste curso: "Luces, cámara e acción". 

Fixéronse grupos heteroxéneos co alumnado (misturando nenas e nenos de todos os cursos) e cada un deles elaborou un diorama dunha película que seleccionaron. Previamente, o alumnado de 5º e 6º de E. Primaria tivo que "investigar" sobre a película seleccionada e levar un primeiro boceto do que ían facer. Cada grupo colleu o material necesario, distribuíron o traballo entre @s membros e puxéronse... 

MANS Á OBRA!!!

 









               E AQUÍ ESTÁ O RESULTADO!!!





13 de maio de 2024

A MARIÑA HOMENAXEA A IBÁÑEZ

 Como ides????

Aínda non pasastes pola exposición da Microrrede? Pois logo remata. 

O martes tivo lugar a inauguración, na que actuou o coro do CEP Lois Tobío, de Viveiro, e se desenvolveu un obradoiro de banda deseñada a cargo de Uxía Larrosa, deseñadora gráfica, debuxante e guionista de cómics.



O mércores desenvolveuse outro obradoiro creativo a cargo de Brais Fierro Fuentes, debuxante de BD.

O xoves houbo unha lecturas compartidas a cargo do alumnado do IES Vilar Ponte, de Viveiro.





O venres tivo lugar a clausura, cun obradoiro de Abraham Carreiro, ilustrador, humorista gráfico, director da revista O Papagaio, caricaturista e debuxante. Ademais, actuou a Coral Polifónica Alborada de Viveiro, xunto co coro do CEIP de Celeiro.

 


Déixovos aquí fotos da exposición, cos traballos dos colexios integrantes da Microrrede da Mariña.








Estes son os carteis que se presentaron ao concurso proposto para a actividade deste ano.