20 de nov. de 2025

MES DA CIENCIA EN GALEGO

 



Este ano 2025 é o Ano Internacional das Ciencias e Tecnoloxías Cuánticas; destacando neste eido a figura de ALBERT EINSTEIN.

Logo de ver un vídeo sobre a súa vida, escribimos en cartolinas grises frases sobre el e algunhas das súas citas máis célebres; que logo formaron parte do seu característico cabelo neste póster colaborativo.


18 de nov. de 2025

VISITAS Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

 Todo o alumnado do colexio acudiu en diferentes quendas á biblioteca municipal de Xove.

 

Este actividade colaborativa serviu para que todas as nenas e nenos do colexio coñezan as instalacións e o funcionamento da biblioteca municipal.

Ademais, levaron para a casa o formulario para poder facer co seus carnés de socias e socios!

 





12 de nov. de 2025

Samaín 2025

 

CONTOS DO ALÉN

Este curso celebramos o Samaín escoitando dalgúns profes do colexio contos e historias de medo!

Ademais, cada grupo fixo despois un debuxo sobre o libro que acababan de desfrutar.

Mesturámonos alumnas e alumnos de todos os cursos para facer esta actividade!


Aquí vos ensinamos unha mostra das entradas para acudir a cada sala e o resultado dos nosos murais colectivos.







FEITO NA TERRA

 FEITO NA TERRA 
é o título do noso novo proxecto para este curso 2025/2026.
Desta volta todas as nosas propostas van tratar sobre o DESEÑO (así, no seu sentido máis amplo) en Galicia.
Así que vos ensinaremos os nosos traballos sobre SARGADELOS..., O DESEÑO GRÁFICO, DESEÑO DE MODA E XOIAS...



3 de abr. de 2025

DÍA DE ROSALÍA


23 de febreiro

 Todo o alumnado do centro aprendeu de memoria 

e recitou distintos poemas de Rosalía



DÍA DA AMIZADE

 14 de febreiro

En colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, compuxemos un fermoso corazón xigante empregando pequenos papeis de cores nos que as nenas e nenos do colexio.

Tamén escribimos cartas en forma de peixe que entregamos a compañeiras/os destacando algunhas das súas cualidades.






DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A CIENCIA

Investigamos sobre as vidas e logros de diferentes mulleres científicas e o alumnado de 1º foinos ensinando fotografías delas ao mesmo tempo que nos contaban quenes eran e a súas principais contribucións.

7 de feb. de 2025

DÍA DA PAZ

 O 30 de xaneiro foi o Día da Non Violencia e da Paz e todo o alumnado do colexio foi desfrutar dunha obra de teatro representada por membros da Fundación Eu Son; unha obra baseada no libro "Guapa" de Canizales. Recollimos algunhas doazóns que serán entregadas a dita fundación.






DÍA DA dis-CAPACIDADE

 O día 3 de decembro conmemoramos o Día das Persoas con Discapacidade reflexionando sobre que todas as persoas temos os nosos puntos fortes e débiles; e elaborando bolboretas seguindo o lema... 

"DIFERENTES NO VOO PERO CO MESMO DEREITO A VOAR"






O NADAL NO CASELLES

 

                                                    O Nadal foi festexado por todo o alto!


  • Elaboramos bólas de Nadal para agasallar ás compañeiras/os.

  • Coñecimos outras personaxes do Nadal (gracias ao alumnado de 6º EP) de Galicia e outras rexións de España: Apalpador, Chicharrona, Olentxero, Anjanas e Tió de Nadal.

  • Tivemos un mercado de Nadal.

  • Recibimos a visita dos Reis Magos.










11 de dec. de 2024

NOVEMBRO... O MES DA CIENCIA

 Este ano o mes da Ciencia en Galego tratou sobre o espazo. 

Co lema DESCUBRE O TEU UNIVERSO, todo o alumnado do centro participou na elaboración dun lapbook xigante feito coas aportacións de todos os cursos, 

quedou ben chulo!









FESTA DE OUTONO

 O 12 de novembro celebramos a festa do Outono!


Fixemos todo tipo de creacións con diferentes froitas, que despois ademais, puidemos degustar.

Para rematar, desfutamos participando en xogos populares, foi un día xenial!






6 de nov. de 2024

Concurso de microrrelatos e debuxos con temática de Samaín

 Estas foron as gañadoras!!

  • 4º EI: Lara
  • 5º EI: Xoel
  • 6º EI: María
  • 1º EP: Arlet
  • 2º EP: Gabriel
  • 3º EP:Lucía
  • 4º A EP: Alicia
  • 4º B EP: Xoel
  • 6º EP: Eleazar
Libretas personalizadas feitas pola Asociación de Saúde Mental (Cervo)


25 de out. de 2024

DE FESTA EN FESTA PORQUE ME PRESTA!

 Comezamos o noso proxecto de

 FESTA EN FESTA PORQUE ME PRESTA!

Cada clase investigando a súa festa

 


O alumnado de 6º de Primaria elaborou este mural tan chulo!!

 


 

CONTOFEST (Día das bibliotecas)

O 24 de outubro é o Día das bibliotecas e celebrámolo cunha actividade chamada "Contofest "

Cada nena e neno escolleu a entrada que lle deu acceso á sala onde se narraba un determinado conto

Por certo! A temática dos contos foi o SAMAÍN 🎃 (que xa está aquí)








 

SEMANA DAS ESCRITORAS GALEGAS

 Durante esta semana leeremos contos escritos por  

autoras galegas 

na hora de ler que facemos cada día

 



11 de out. de 2024

PALABRAS para LER

 Flora propúxonos escribir palabras relacionadas coa lectura e con todas elas fixemos este mural tan chulo!🐉



 

FORMACIÓN DE USUARIOS

O alumnado realiza actividades para a súa formación como usuarios da biblioteca